Galicia chora
Non sei cales serian as palabras máis axeitadas que debería usar para explicar o terrible suceso que aconteceu onte nas proximidades da cidade de Santiago de Compostela, xusto nas vésperas da gran festividade do Apostol Santiago, o patrón desta comunidade autónoma de España. O certo é que eu, particularmente, teño que recoñecer que cando me enterei da noticia pensei que se trataba dun atentado ou que fora provocado, posto que nas redes sociais non paraba de dicirse que desaloxaran o Concello de Santiago, a sede da Xunta de Galicia en Santiago e o Campus da USC (Universidade de Santiago de Compostela) por ameaza de bomba en todolos casos, e por riba o "accidente" que chegaba nunha data moi señalada, posto que esa noite eran os fogos artificiais na fachada da catedral...polo que así de súpeto pois todo encaixaba non? Ademais os medios, aínda que facian fincapé en que a hipotese dun atentado non era un dato oficial e que só eran rumores, posto que se basaban nas testemuñas dos veciños, os cales dician ter escoitado ata tres estoupidos, como se dunha bomba se tratase, todo parecía encaixar no perfil dun atentado, xa sexa por un grupo radical galego ou otro tipo de organización.
O que está máis que claro é que a pesar de que os medios achegáronse case no momento do accidente ao lugar dos feitos, a información era escasa, contradictoria e pouco fiable.... Polo que é normal que a xente se facera eco dun posible "sabotaxe" ou "atentado".
Eu, polo menos, sentinme enganada case todo o rato escoitando as noticias, e mesmo lendo a prensa no formato dixital non tiña palabras para o que vian os meus ollos.... uns dician unha cousa, outros outra, ningun deles coincidia nos datos que afirmaban ser oficiais.... Como comprenderedes, sabendo como está o país e vendo ese popurrí de información da que non sabias cal podia ser a verdadeira... se é que o era algunha delas... Continuei pensando (e continuo pensando) que tras todo isto os politicos querian ocultar algo...
Podo dar millons de exemplos das contradiccions e todo o que me leveou a pensar que non nos estaban dicindo a verdade:
1 - ao principio dician que os mortos eran 13, logo 20, logo 40 e a altas horas da madrugada o Presidente da Xunta de Galicia e polo tanto da Comunidade, Alberto Núñez Feijoo, daba unha cifra máxima de víctimas mortais nas que estimaba que como máximo o número poderia ascender ata 47.
Eu cando vin isto o primeiro que pensei foi "xa veremos...." e mira... ao final xa van 80!!
2 - xusto coincidindo co comunicado de Feijoo, dicíase que estaban inspeccionando o derradeiro vagón, e que por iso xa podian estimar a cifra total de víctimas mortais, fixándoa en 47 como máximo.
MENTIRA á mañán aínda estaban revisando os vagons.... aquel non fora o último... e como consecuencia os datos de victimas mortais ascenderon considerablemente. Menos mal que eran datos oficiais...
3 - xusto co punto 1 e 2, informouse a través dos medios que a cabida do tren accidentado era de 240 pasaxeiros e que no momento do accidente viaxaban 218 (por iso estimaban en 47 o numero de victimas mortais, supoñendo que era o derradeiro vagón claro).
Neste caso non podo asegurar 100% que sexa mentira ese dato, posto que aquí ven o popurrí de información.... uns xornais falan de 178 feridos e 80 victimas mortais, outros de 140 feridos e 80 victimas mortais, outros de 120 feridos e 80 victimas mortais... Como podedes ver só coinciden no número de falecidos por desgracia para todos.... en canto aos feridos.... se sumamos 178 + 80 = 258 polo que se esta fonte fose fiable (é un xornai bastante recoñecido a nivel nacional) o tren no momento do accidente levaba máis pasaxeiros dos permitidos...
4 - O ministerio de interior deu un comunicado pouco despois de que se informase ao pais a través dos medios do sinistro acontecido, dicindo que descartaban calquer hipotese de sabotaxe ou atentado, ou mesmo que fora provocado.... e nese mesmo momento os da científica estaban analizando e tomando probas do lugar dos feitos para saber cal podía ser a causa de tal accidente.
Aquí é cando eu me preguntei " ¿Saben os resultados do estudio que se estaba levando nese mesmo momento no lugar dos feitos pola policia científica, antes cos propios da científica? " E que vamos é de risa.... por non chorar claro....
5 - Non se informou a través dos medios de comunicación, polo menos da televisión, das supostas ameazas de bomba no campus, concello e xunta de Galicia de Santiago de Compostela.
¿Qué temos que supoñer entón?, ¿minten nas redes sociais e foros, xente que di ser traballador neses sitios e que recibiron tal aviso e tiveron que ser desaloxados e abandoar o lugar?, ou... ¿pode que non quixeran que a poboación o soubera?, ¿motivos?....
6 - En canto a causa do terrible accidente atribúese a o exceso de velocidade do tren, que viaxaba a 190km/h nun tramo no que a velocidade estaba limitada a 80km/h debido a unha curva perigosa. Sen embargo, moitos expertos na materia falaron e explicaron que as vías teñen 2 sistemas de seguridade que frean o tren en caso de que o conductor se quede durmido ou lle pase algo e non manexe o tren. ¿Qué pasou con eses sistemas de seguridade?, ¿fallaron os dous a vez?
Dende o meu punto de vista é moita casualidad que xusto non funcionen dous sistemas de seguridade, e xusto nese día... Son moitas casualidades xuntas! É certo que o de o día puido ser mera casualidad, pero o dos sistemas de seguridade de freado o dubido moito....Só podo chegar a 2 conclusións ao respecto:
a) pola crise e todo este sistema de recortes, non se revisaron como é debido ditos sistemas, ou no tiveron o mantenimento requerido, non tendo unha supervisión como deus manda.
b) Non houbo tal exceso de velocidade.
7 - Nun xornai moi recoñecido a nivel nacional publicaron partes dunha conversación que tivo o conductor cos de Renfe vía radio (datos oficiais) no que o maquinista di aos da central a velocidade que levaba en cada tramo, levando unha velocidade de ata 200km/h dende Ourense ata pouco antes de chegar ao lugar do accidente. Nese momento, falou cos de Renfe avisando que tiña que aminorar a 190km/h, que non podia continuar coa velocidade establecida (200km/h) e que esperaba que non pasara nada porque senon os mortos recaerian sobre a sua conciencia. Nese mesmo xornai dícese que os de Renfe obrigaban aos conductores a cumprir cos tempos de chegada aos destiños, debido a que non querían ter que reembolsar o diñeiro do pasaxe, obrigándoos de este xeito a ir a máis velocidade con tal de chegar a hora dita.
¿Problema disto?, que outros xornais tanto locais como nacionais falan de que o conductor FAI UN ANO!! no facebook puxo un estado no que falardeaba de ir a moita velocidade e facer saltar os radares da guardia civil (dato que para min e dende o meu punto de vista e irrelevante posto que fai un ano diso! e non podemos basarnos nun dato de tan pouco peso). Ademáis falan de que o tren no momento do sinistro ía a unha velocidade de 190km/h e que iso foi o motivo do descarrilamento (basándose na conversacion que mantiveron Renfe co conductor durante o traxecto, pero neste caso non dan os detalles que si da o outro xornai).
Eu a todo isto só podo preguntarme o seguinte... estou dacordo en que un conductor pode fallar e conducir de forma imprudente, pero non estaba só, había outro conductor con el ¿os dous fallaron?, é máis... non se percataron das sinais que indicaban a zona como perigosa e limitada a 80km/h?¿?¿ (que según falaron os expertos na materia, os sistemas de velocidade indican aos conductores a través de sinais acústicas de que deben frear e baixar a velocidade nese tramo e se non o fan deter o tren no segundo sistema de seguridade) Paréceme raro que a dous conductores se lles pasase todas estas cousas ¿a vos no?
Sexa cal sexa a causa do accidente, estou case segura de que tras isto hai moitos intereses politicos, e algo ocultan... non nos están dicindo todo o que saben... pero realmente ¿algunha vez o fan?.... Non teño esperanzas de que cambie a cousa a verdade... todo son mintiras e máis mintiras.... xa se ve a transparencia xa...
A gran tristeza é que a pobre xentiña que ia nese tren tivo que pasar por isto, por un problema que está claro que ten que ver coa crise, os recortes e a situación que se está a vivir no país.... Estou segura de que alguna neglixencia hai polo medio que non lles interesa contar...
Mando todo o meu apoio as familias das víctimas mortais e dos feridos, e oxalá non volva a acontecer tal desgracia! Poderiamos ter sido calquera de nos.... Unha auténtica desgracia.....que como sempre toca a xente que non ten culpa de nada.
Galicia está con todos vos, sempre levaremos este día no corazón, porque é algo que non vamos a poder esquecer :(
E grazas a toda a xente que aportou o seu apoio doando sangue, axudando aos feridos e familiares, apoiando nas tarefas de rescate, etc... Por desgraza só nestes momentos tráxicos é cando un sabe a quen ten ao lado, é ve a humanidade da xente. Non debemos esquecer xamáis que todos nos somos irmáns! Oxalá a xente se comportase sempre deste xeito e non só en momentos dan duros :(